«Rururbania Salnés»

24,00 

Col. OF III
Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Depósito legal: OU 313-2014
ISBN 978-84-92958-28-3
96 páxinas en cor
73 fotografías
Encadernación en capa mole con lapelas completas
Primeira edición: febreiro 2015

9 dispoñibles

SKU: 978-84-92958-28-3 Categoría: Etiqueta:

Descripción

«O autor, Jose Romai, que convivindo desde que nace coa paisaxe que fotografa, é quen de acadar a distancia que o pon sobre un outeiro desde o que planifica un mapeamento de seu do Salnés e as súas lindes no que deconstrúe as iconas que a priori poidamos ter da comarca e, malia ter claros referentes en estudos do desfeitismo ou feísmo no noso País, configura unha linguaxe propria que sitúa Rururbania Salnés lonxe dos documentais que se teñen feito na Galiza até o momento. Estamos, pois, ante un marco na historia contemporánea da fotografía da Galiza, obxectivo para o cal se creou este premio, hai dous anos.»…/…
«En Rurubania Salnés vemos ao neodocumental apropriarse da linguaxe clásica deste xénero para manipulala coma xa fixeran os coetáneos americanos de Romay. O autor explora os límites entre o rural e o urbano, o construído e o natural. Deseña unha análise ben diferente ás que se teñen feito do espazo común de noso. Nel anda á busca dunha lectura máis pausada da relación entre paisaxe e territorio cunha certa carga de ironía na mensaxe que enche as imaxes de elementos secundarios que non só xeolocalizan a fotografía senón que falan da intencionalidade do proxecto», dinos  Vítor Nieves  coordinador do certame.

Este libro mostra un dos dous traballos premiados ex aequo na 2ª edición do PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA convocada polo Festival Outono Fotográfico, a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Share on FacebookTweet about this on Twitter

Información adicional

Peso 375 g
Dimensións 20 × 22,7 cm