Descripción
Delfín Caseiro analiza a historia e o presente da Romaría da Saínza, coa súa representación do «Ataque», unha das poucas festas de «mouros e cristiáns» que aínda existen en Galiza. Historia e antropoloxía danse a man, arroupadas cunha ambiciosa reportaxe gráfica de máis de duascentas imaxes a toda cor que recollen a riqueza paisaxística e patrimonial da zona e asemade as diferentes partes da festa.
Edición para a a Asociación Coordenadora da Festa da Saínza.
Capitán cristián:
¡Impío!
Esta blasfemia que acabas de proferir contra El-Señor, meu Deus,
deseguida a vingarei coa derrota que vas sufrir.
¿Non temes os males producidos na guerra?
¿Non temes ser vencido
e, desa maneira, ser a vergoña da túa patria?
Rei mouro:
Non, non temo
e acepto o teu desafío
e declároche a guerra.
¡E SE QUEREDES GUERRA, GUERRA TEREDES!