Descripción
«…as casas que alumean na noite están a reivindicar, coma un facho nunha revolta, a enerxía dun territorio antigo onde a vida se construía cos alicerces da comuñón entre os elementos da natureza. Cando Eva Díez escolle esas vellas moradas e cando prende as luces interiores, igual que xacando o fixeron o seus moradores, está a insuflar nova vida e enerxía a esa longa noite de sono á que foron confinados eses lugares.» Xosé M. Buxán Bran, membro do xurado na III edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
Eva Díez obtivo con Renacer o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.