«O mundo ao principio»

20,00 

Depósito legal: OU 88-2019

ISBN 978-84-92958-49-8

36 páxinas en cor e desplegable de 12 páxinas en B&N

62 fotografías

Encadernación tapa dura ao cromo con sobrecuberta

Primeira edición: abril 2019

Esgotado

SKU: 978-84-92958-49-8 Categoría: Etiqueta:

Descripción

 

«O ensaio de Virginia Rota nace da necesidade de voltar ao momento anterior á toma de conciencia do horror, a volta ao tempo da inocencia nunha procura persoal que lle é precisa. Esa busca incesante, tamén en ensaios anteriores, faina desta volta mergullándose na identidade das crianzas, todo un alegato á sabiduría da infancia, un retrato á liberdade de pensamento.»

«Virginia traballou neste proxecto durante tres anos, man a man coas crianzas, que son coautoras* deste ensaio. Dun xeito case involuntario, acota as idades entre os 4 (idade considerada madura para a comunicación e comprensión verbal por algunhas expertas) e os 11 anos (idade na que aproximadamente comeza a adolescencia). Nun primeiro encontro entrégalles unha cámara fotográfica desbotábel e realiza o retrato. Cada crianza terá un prazo entre unha semana e un mes para fotografar a beleza e o importante, sen dar ningunha dica máis e pedindo ás nais e pais que non interveñan nas decisións e escollas na toma fotográfica. Ao finalizar o carrete de 27 fotos, combina con cada unha delas para comentar sobre as imaxes e o que fotografaron. A escolla da cámara dun só uso non é por acaso. Virginia quere que as crianzas sexan conscientes da finidade das tomas para un aproveitamento óptimo, quere ademáis que fotografen cun obxecto que lles pertence e, tamén, que tomen posición ante o fotografado, por iso escolle a ausencia de tecnoloxías como o zoom.»

Extractos do texto do curador da exposición Vítor Nieves,  publicado no libro.

Libro nº IX da colección OF de Fotografía correspondente ao proxecto gañador na VI edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea que convocan a Asociación OF, Outono Fotográfico, a Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a área de Cultura da Deputación de Lugo coa colaboración de Afundación, Obra Social Abanca.

Share on FacebookTweet about this on Twitter

Información adicional

Peso 322 g
Dimensións 16 × 23,5 cm