Descripción
Historia e actualidade da Festa do Boi a través de textos e fotografías a toda cor, no vixésimo aniversario da recuperación da Festa. Textos de Antonio Blanco Rodríguez, Xián Bobillo, Xoán Carlos Caneiro, Delfín Caseiro, Mar Gil e Millán Picouto. Limiar de Anxo Quintana.
Edición para a Fundación Xan de Arzúa de Allariz.
Cando volva da mili voltará haber o Boi en Allariz”. A promesa solemne realizada por un mozo impulsivo á sua tia Lupe recebeu o sorriso incrédulo da muller que, ao igual que tantos alaricanos, ano tras ano saudaban tristemente o dia de Corpus coa expresión lastimeira de: Outro ano sen Boi! Eran xa demasiados anos sen Boi, e ainda así a chegada anual do Corpus servia sempre para reverdecer histórias, lembrar contos e exaxerar toda sorte de detalles…
Anxo Quintana