«Estruturas de fusión»

24,00 

Depósito legal: OU 219-2022

ISBN 978-84-92958-61-0

64 páxinas impresas en bitono e prata offset

44 fotografías

Encadernación tapa dura ao cromo

LIBRO.pdf – Primeira edición: setembro 2022

2 dispoñibles

SKU: 978-84-92958-61-0 Categoría: Etiqueta:

Descripción

«Lois Cid traballa para ampliar as nocións clásicas do documental fotográfico, algo que podemos ver tanto neste, como nos seus proxectos anteriores. Un percurso que se centra na análise dos materiais cos que o humano transforma o territorio e, ao mesmo tempo, estuda a súa implicación na creación

e a modificación da paisaxe contemporánea.

A súa práctica é unha viaxe de ida e volta perpetua entre a reflexión e a experimentación coa paisaxe antropizada, sexa esta encontrada ou criada, coa que desenvolve unha obra moi visual e que transcende cara o sensorial: o xogo de imaxes limpas, a flutuación, o ritmo, a fluidez.»

«O ensaio apunta cara a unha subxectividade política ou, mellor dito, cara a suma das subxectividades populares, aquelas que carrilan no interior do modelo hexemónico (e inestábel) de ser e de estar. A chave aquí é o xogo coa materialidade, que Lois usa como pedra basilar para sintetizar e reutilizar diversos referentes. Unha condición artesanal que estoura camadas de sentido e desencadea a resignificación de certos procesos, onde o uso de metais, madeiras, ladrillos ou pintura, resulta fundamental para (re)semantizar certos códigos enfrentados entre eles: construír e derrubar, criar e destruír, permanencia e efemeridade, barullo e silencio, vacío e ocupación…»

Extractos do texto do curador da exposición Vítor Nieves,  publicado no libro.

Libro nº XIII da colección OF de Fotografía correspondente ao proxecto gañador na IX edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea que convocan a Asociación OF Outono Fotográfico, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa colaboración de Afundación, Obra Social Abanca na itinerancia da exposición.

Share on FacebookTweet about this on Twitter

Información adicional

Peso 410 g
Dimensións 17,7 × 24,4 cm