Descripción
«As series que conforman «Environments» son o resultado de mirar non tanto os desperdicios como o modo en que os movemos dunha contorna a outra, expulsándoos do noso contexto máis inmediato para integralos nese ámbito -ou punto cego- do que non deben volver.»
«Da bolsa de lixo ao vertedoiro, atopámonos ante un tenaz proceso de ocultamento. Ocúltase aquilo que non se asume, ocúltase a obscenidade do decrépito e da morte, encóbrese aquilo que, do outro lado, continúa co seu proceso de putrefacción, coa súa toxicidade incrementada e ameazante: non hai bolsa, contenedor ou camión de residuos transparente. Como na culminación dun truco óptico, asistimos á desaparición do traumático en forma de camuflaxe, de escamoteo ou veladura. Nas imaxes que seguen non veremos os desperdicios, a inmundicia, a hez, senón o escuro abismo que nos protexe delas: a opacidade que as oculta.»
Textos extraídos de «UN SISTEMA DE BALIZAS PARA O DESPERDICIO» de Rubén ängel Arias publicado no libro.
Libro nº VII da colección OF de Fotografía correspondente ao proxecto gañador na IV edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea que convocan o festival Outono Fotográfico, a Secretaría Xeral da Xunta de Galicia e a área de Cultura da Deputación de Lugo.