Descripción
– LIBRO –
Unha obra en 108 páxinas que dá entrada a diferentes textos e accións vinculadas con A Esmorga e con outras facetas de Eduardo Blanco Amor. Textos e accións en diferentes formas e xéneros: a banda deseñada, o xogo de rol e o ensaio –histórico, artístico e sociolóxico– a música, os títeres ou o deseño gráfico.
Índice:
Eduardo Blanco Amor Fotógrafo
• «O Transo de Gladiador a Deus Conquistador. Un posíbel relato da vida e das imaxes de Eduardo Blanco Amor» de Xosé M. Buxán Bran que foi director da Sala AlterArte do Campus de Ourense, con fotografía de Eduardo Blanco Amor.
• «A Beleza da Amizade ou a vida secreta das imaxes» de Alex Mene –autor da única tese doutoral sobre Eduardo Blanco Amor fotógrafo–.
Da Auria retratada por Blanco Amor á cidade do presente. Cambios sociais e urbanos na Esmorga
de José Somoza Medina
Unha comparativa e un percorrido pola evolución e a transformación da cidade e dos tipos sociais da novela.
Tres de Troula. Xogo de mesa
Inspirado e localizado nos ambientes e espazos d’A Esmorga.
Guión: Grupo do Xogo de Rol da Casa da Xuventude.
Emilio Tilve e Marcos Fernández Vázquez.
Deseños: disigna edenia | Idoia de Luxán.
Noite de sombras. Banda deseñada
Relectura en banda deseñada dos tipos sociais e dos espazos d’A Esmorga en 2009.
Guión: Carlos Rafael Ramos.
Deseños: Jaime Eizaguirre.
A Obra Completa de Ramón Cabanillas. Outro cincuentenario das angueiras de Blanco Amor
de Luis Rei
Texto que relata os avatares da edición da obra completa de Ramón Cabanillas da que Eduardo Blanco Amor foi quen finalmente entregou á imprenta en Buenos Aires. No cincuenta aniversario da edición d’A Esmorga e da Obra completa de Ramón Cabanillas.
– CD –
Relectura en clave musical dos ambientes, situacións e espazos d’A Esmorga vista por unha selección de grupos musicais e bandas da cidade.
Grupos participantes: Banda Ourensons, Guezos, Os Perqtores, Gomes Mouro, Sólidos Galicianos, Animales Domésticos, Banda Municipal de Ourense, Capela Madrigalista, María do Ceo, Magritte, O Sonoro Maxín e Burgas Beat.
As voces intercaladas neste disco foron tiradas das presenzas das mulleres n’A Esmorga e foron interpretadas por Sabela Gago, Elena Seijo e Nate Borrajo de Sarabela Teatro.
– DVD –
Produción: Viravolta títeres, Difusora de Letras, Artes e Ideas e Alba Vázquez Carpentier.
Obra inspirada nas Farsas para títeres de Eduardo Blanco Amor. A Compañía Viravolta dá vida a O horroroso crime do sacristán, unha peza de 40 minutos aproximadamente cunha posta en escena con marionetas de madeira e escenografía en madeira, teas e cartón á maneira dos espectáculos
de títeres tradicionais representada nun teatriño de 2,50 x 3 x 2 metros. Para dous ou tres manipuladores e un músico.
___________________________________
Co partocinio de:
Concellaría de Cultura do Concello de Ourense e Agadic
e coa colaboración de:
Viravolta títeres, Sonorde, Abana Eventos, Proxecto Ourensons
disigna edenia