Descripción
Aqueles vellos negativos que Rogelio puido salvar da derrota republicana xunto cun diario que apreciaba tanto como a propia vida, chegaron a nós 70 anos despois, algúns deles moi deteriorados polos fungos e a humidade, pero conservados dabondo como para dar testemuño perdurabel do compromiso daqueles traballadores da Terra de Montes cunha II República que recibiran con grande esperanza e que cumpríu defender coas armas, arriscando a vida. Hoxe, aos seus 94 anos, mercé á nunca desmentida lealdade de Rogelio Arca cos ideais liberadores, o exemplo xeneroso e rebelde daqueles homes de rexa feitura xa formará parte, pese a quen pese, dos sinais de identidade destas terras dabondo estragadas polo caciquismo de vella e nova fasquía.