Descripción
Libro da XXX edición do Outono Fotográfico, Festival Galego de Fotografía. 192 páxinas, 200 fotografías, biografías de autores, sinopses de exposicións, textos de Margarita Ledo Andión, Vítor Nieves, Juan Miguel Sánchez Vigil e Xosé Lois Vázquez.
Recolle unha selección documentada dos traballos de fotógrafas/os que representa unha ventá privilexiada para asomarse á paisaxe do feito fotográfico e as súas tendencias contemporáneas.