Descripción
No Catálogo de músicos da Limia. Música tradicional dábase a coñecer apenas unha pequena parte da información de que se dispoñía. Nesta segunda entrega, inclúese igualmente unha selección do amplo material sonoro de que se dispón. O libro componse dun texto introdutorio de Pablo Carpintero, no que se contextualiza o feito musical na comarca da Llimia e dun segundo texto, de Cástor Castro, con comentarios sobre cada unha das gravacións musicais incluídas no disco. Un último apartado inclúe bibliografía, discografía e videografía da música da Limia. O disco ofrece unha selección de rexistros musicais, a súa distribución xeográfica, o instrumento utilizado, o xénero musical ou o interese particular dalgunhas interpretacións e pezas musicais.