«Meu Amigo Martim Codax»

15,00 

Coordinación e dirección editorial: Xavier Paz
Dirección musical: Ars Anterga

Depósito legal: OU 334-2014
ISBN 978-84-92958-31-3
48 páxinas en bitono
Encadernación: pliego de 50 x 70 cm 6 + 4 doblados consecutivamente en cruz
Primeira edición: febreiro 2015

8 dispoñibles

SKU: 978-84-92958-31-3 Categorías: , Etiqueta:

Descripción

“MEU AMIGO é un proxecto musical colectivo e participado orientado a divulgar a nosa lírica medieval a través de duas propostas criativas nun xogo de espellos que se torna caleidoscópico cando se cruzan as cantigas de Martim Codax cos diferentes estilos e xéneros musicais antigos e contemporáneos: unha incursión na música medieval galego-portuguesa, un impulso criativo de sonoridades urbanas.

A obra do xogral cantor do mar de Vigo Martim Codax elévase no corpus da lírica trobadoresca galego-portuguesa pola súa altísima sensibilidade poética e porque conservamos as notacións musicais que nos permiten aproximarnos con maior rigor e deleite á nosa lírica medieval.

En 1914, o achado do chamado Pergamiño Vindel fixo chegar a nós as notacións musicais de seis das sete cantigas de Martim Codax, durante longo tempo único testemuño da música dos nosos trobadores até que en 1990 foi localizado na Torre do Tombo de Lisboa o Pergamiño Sharrer coas notacións das sete Cantigas de Amor do rei Dom Dinis de Portugal.

O grupo de música antiga Ars Anterga interpreta o que hoxe entendemos serían as sonoridades músicais das cantigas medievais; contra a luz, as propostas e interpretacións contemporáneas nos respectivos xéneros e estilos de sete grupos musicais da cidade de Ourense: Bird Of Hermes Proyect, Burgas Beat, Chamuyo Tango, Colectivo Ar, María Mendoza, MCarballo e Os Amigos dos Músicos: en clave de rock, folque, tango, pop, novo folque, metal extremo e contemporánea”, dinos Xavier Paz coordinador do proxecto.

Share on FacebookTweet about this on Twitter

Información adicional

Peso 23 g
Dimensións 12,5 × 12,5 cm