«O clítoris e os seus segredos»

10,00 

Depósito legal: OU 229-2013
ISBN: 978-84-92958-20-7
80 páxinas en cor
Capas en cor. Encadernación en capa mole, con lapelas
Edición bilingüe galego-castelán. Promovida pola Universidade de Vigo
Primeira edición: outubro 2013

16 dispoñibles

SKU: 978-84-92958-20-7 Categoría: Etiqueta:

Descripción

A guía didáctica que aquí se presenta, O clíotoris e os seus segredos, foi a gañadora do I Premio de creación de materiais e recursos docentes con perspectiva de xénero da Universidade de Vigo «Antonia Ferrín Moreiras».
A Unidadade de Igualdade desta universidade creou este premio co obxectivo de incentivar a elaboración deste tipo de ferramentas para a impartición da docencia e contribuír así á excelencia universitaria.
A introdución da perspectiva de xénero é un indicador de calidade da docencia universitaria e a excelencia só se pode acadar cunha ensinanza onde a transmisión de valores igualitarios para a formación do alumnado e a súa capacitación profesional se aplique transversalmente.
Esta convocatoria responde á acción «Apoiar a elaboración de guías docentes e de material que permita a inclusión da perspectiva de xénero nos obxectivos, contidos, estratexias, linguaxe etc» que se recolle no obxectivo operativo 2 do eixe 3 do I Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo (2012-2014) aprobado en consello do goberno o 12 de novembro de 2012.

Anabel González Penín
Directora da Unidade de Igualdade Secretaria do xurado

Share on FacebookTweet about this on Twitter

Información adicional

Peso 192 g
Dimensións 17 × 17 cm