«Alexandre Bóveda nos seus documentos»

17,00 

Depósito legal: OU 42-2010
ISBN: 978-84-92958-01-6
132 páxinas. 36 páxinas en negro e branco, 96 páxinas en cor
Capas en cor. Encadernación en capa mole, con lapelas
Primeira edición: marzo de 2010

5 dispoñibles

SKU: 978-84-92958-01-6 Categoría: Etiqueta:

Descripción

[Catálogo]

Podemos congratularnos pola saída dunha nova obra que nos remite de cheo a quen dá nome a esta nosa cátedra: Alexandre Bóveda.
Despois de tirarmos ao prelo o volume A Galiza de Bóveda, logo de presentar anteriormente as obras O que fixemos en Galicia. Ensaio sobre o concepto de práctica xenocida, de Antonio Míguez Macho e Fluxos migratorios e escola intercultural: un estudo diagnóstico en Galicia, de Sara López Gómez, vén de saír da imprenta o presente traballo, Alexandre Bóveda nos seus documentos. Catálogo.
Este volume é o resultado do traballo vizoso que desenvolve desde a súa creación a Cátedra e o Centro de Estudos e Documentación Alexandre Bóveda a prol da recuperación da figura, pensamento e obra daquel bon e xeneroso.
Agardamos que a mostra documental e o seu estudo preliminar que se presentan neste traballo sirva para valorizarmos na súa xusta medida quen foi, segundo palabras de Daniel R. Castelao, organizador esencial e ‘motor de explosión’ do galeguismo no primeiro terzo do século xx.

Cátedra Alexandre Bóveda.

Share on FacebookTweet about this on Twitter

Información adicional

Peso 377 g
Dimensións 23 × 24 cm