Descripción
A colección Fluxos que arranca con este libro constitúese en territorio editorial no que a experiencia, a sensibilidade, as emocións -en definitiva, o vivir e o saber de dúas persoas- poidan fluír interactuando mediante o sosegado exercicio da conversa, coa palabra como único instrumento para a evocación e a construción de imaxinarios ou a confrontación de ideas.
Vontade de nación. Unha conversa con Anxo Quintana representa un elegante exercicio de creación política entre Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta de Galicia e Xosé Luís Barreiro, ex-Vicepresidente da mesma institución, que desde posicións ideolóxicas non concordantes foron quen de pensar Galiza en voz alta para todos nós.