Descripción
Técnicas artesanales tradicionales
Traditional craft techniques
Techniques artisanales traditionnelles
Os oficios representan un dos xeitos máis profundos de relación do home coa súa contorna natural; son estes saberes e habelencias desenvoltos por acumulación desde hai catro millóns de anos os que nos permiten, aínda hoxe, obter comida e recursos da natureza e transformalos para os facer útiles para nós e outras persoas da comunidade. É por isto que o artesán representa unha ponte entre a natureza e a sociedade pola que obrigatoriamente hai que circular, converténdose nunha figura moi importante da comunidade rural que fornece de calzado, alimento, ferramentas, pan, casas, saúde e incluso diversión.