«Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata»

19,20 

ISBN: 84-933176-1-6
Colección Eidos, nº 1
336 páxinas en branco e negro
Capas en cor
Encadernación en capa mol, con lapelas
Primeira edición: maio de 2003

4 dispoñibles

SKU: 84-933176-1-6 Categoría: Etiqueta:

Descripción

Vinte e catro autores do grupo Redes Escarlata: Anxo Angueira, Asun Arias, Pilar Beiro, Darío Xohán Cabana, Carme Carballo, Iago Castro, Xavier Castro, Xavier Cordal, Antón Dobao, Francisco Domínguez Romero, Luz Fandiño, Raúl Gómez Pato, Antón Lopo, Ramón Lorenzo, Oriana Méndez, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alberte Momán, Chus Pato, Claudio Pato, Óscar Antón Pérez García, Manuel Seixas, Xoaquín Silva, Manuel Villaverde e Isaac Xubín. Prólogo de Antón Figueroa.

A Difusora de Letras, Artes e Ideas, na procura de ofrecer unha nova forma de achegamento ao feito editorial, inicia as súas publicacións con este libro de poesía, unha obra colectánea conformada por textos de autores e autoras da máis diversa procedencia e currículo, todos eles membros do grupo Redes Escarlata.

«A diversidade é unha característica da poesía contemporánea en xeral en case todos os países. Sen embargo, a diversidade deste libro non pretende amosar esa diversidade actual, anque parcialmente a amose. Os seus poemas non proceden dun grupo poético, anque veñan dun grupo certo de poetas; non constitúen o resultado do que alguén xulgase “o mellor”, nin unha “cala representativa”, nin a mostra dos “vintecatro principais”; o libro non ten a uniformidade das antoloxías, nin unidade estilística de escola, nin sequera un carácter rupturista uniforme, pero ten o poder da amálgama, da sorpresa e do contraste da colaxe, dos textos e da súa disposición.»

Antón Figueroa

VER MOSTRA EN PDF

Share on FacebookTweet about this on Twitter

Información adicional

Peso 482 g
Dimensións 15,5 × 19 cm