Descripción
Textos de Marta Fernández Prieto, Aurora García González, Águeda Gómez Suárez, María Lameiras Fernández.
Ao longo dos dez últimos anos, na Cátedra Caixanova de Estudos Feministas da Universidade de Vigo confluíron algunhas das mellores investigacións sobre xénero realizadas en Galicia. Son contribucións académicas procedentes das distintas áreas do coñecemento que amosan perspectivas de análise interdisciplinares e atopan, ao abeiro desta cátedra, unha plataforma de reflexión nos ámbitos académico e cidadán dende perspectivas feministas que apoien o proceso de incorporación da muller nas diversas facetas e actividades da vida económica, social e cultural de Galicia.