Descripción
Presentamos aquí as actas do Congreso A Galiza de Bóveda, encontro desenvolvido no 2003, ano en que se celebrou o centenario do nacemento do galeguista Alexandre Bóveda Iglesias (Ourense, 1903-A Caeira, 1936).
Este congreso representou un importante fito para o coñecemento dun home poliédrico de grande talento. E é que, se ben é certo que até aquela altura había diversas obras sobre Bóveda, non é menos certo que nunca se abordara a súa figura desde tan diversas perspectivas.
Así, pois, os traballos e ponencias aquí compiladas reconstrúen a actividade e entrega daquel facendista, economista, deseñador das Caixas de Aforros de Ourense e Pontevedra, deportista, integrante do Seminario de Estudos Galegos, cofundador e secretario xeral do Partido Galeguista e, ante todo, bon e xeneroso, entregado á causa galega, como el gostaba dicir.
Cátedra Alexandre Bóveda
(2009)