Descripción
En novembro de 2002 a cidadanía transformou unha consigna reivindicativa, Nunca Máis, en acción cívica permanente, e a cor negra cruzada de azul en ideograma de dignidade colectiva. O estado de alerta construtivo foi declarado colectivamente: o pobo galego auto-imbuíuse da autoridade que lle competía ás institucións e devolveulles a cor ás praias, á auga do mar, ás rochas; deixou, deixamos, instituída de forma inequívoca a nación galega. De todo esto quedou rastro na eclosión marabillosa de millares de textos e imaxes que habitaron adhesivos, pins, bandeiras, octavillas, carteis, publicacións, taboleiros de notas nas facultades, graffitis,… textos e imaxes que subiron a escenarios e tomaron forma de canción, mitin, performativa,…
Neste Tomo II concluímos o labor que nos impuxemos: deixar un rexistro público exhaustivo aínda que non completo do acontecido en novembro de 2002. …E se ben é certo que a nación quedou instituída, a memoria dos feitos será a que lle dea solided.