Descripción
Hai cinco anos, unha negra historia escrita con chapapote negro, de negras omisións e enredos negros, agrediu Galiza cinguíndoa de loito rigoroso.
Até que a cidadanía dixo «nunca máis», e tomou o control.
A solidariedade cidadá truncou a negrura e a transmutou na historia máis fermosa imaxinabel: dende a retagarda da cociña e o bocadillo, a da loxística, a dos útiles e inventos urxentes de limpeza ou os coidados sanitarios até a primeira liña de acción, loitando a brazo partido a pé de chapapote, dende os barcos ou en terra, decenas de milleiros de voluntarias e voluntarios sistemática e teimudamente fan retroceder a catástrofe: lenta pero inexorabelmente vencen. Sen institucións, a Nación funcionou.
Este libro é unha homenaxe a todas elas, a todos eles, a todos Nós. Construído coa «ollada» de dez fotógrafos e fotógrafas que tamén dixeron «nunca máis» e quixeron deixar testemuña desta acción colectiva heroica en que participaron activamente.