Descripción
Antón BAAMONDE, Xosé Manuel BEIRAS, Manuel CAAMAÑO, Alexandre Alves COSTA, Xan CREUS, Álvaro DOMINGUES, Sergio FERNÁNDEZ, Camilo FRANCO, Pablo GALLEGO, Manuel GALLEGO, Bieito IGLESIAS, Carolina LEITE, Rubén LOIS GONZÁLEZ, Xosé Lois MARTÍNEZ SUÁREZ, Ana Vaz MILHEIRO, José MIRANDA, Begoña MUÑOZ, Xosé OTERO POMBO, Chus PATO, Xerardo PEREIRO, Manuel RIVAS, Carlos SANTIAGO, Xosé Carlos SIERRA, Teresa TÁBOAS, Xesús VÁZQUEZ e José Antonio VÁZQUEZ MARTÍN
+ Unha lectura en 800 imaxes coordinada por XAVIER PAZ con fotografía de Alba VÁZQUEZ CARPENTIER
Premios Irmandade do Libro 2006: Obra Editorial do Ano.
Finalista nos Premios da Edición 2006 da AGE na categoría Libro do Ano.
Que é realmente o feísmo, de onde vén e até onde chegan as súas consecuencias? Hai moitos feísmos diferentes? É un fenómeno único ou multipolar? Despréndese dunha situación socio-política? Aliméntase de orografías imposíbeis? Pódese rastrexar historicamente? É endémico ou inducido? Coñecemos outras sociedades que o padezan? Debe chamarse feísmo? Todas estas preguntas e outras moitas foron tratadas no Foro do Feísmo, nunha tentativa de reflexionar sobre o problema na súa magnitude, para avaliar o «estado da cuestión».
Este volume ábrese co resultado dun traballo de campo con fotografías a cargo de Alba Vázquez Carpentier sobre a situación do noso territorio, con imaxes tomadas en diversos lugares de Galiza, agrupadas tematicamente, coa intención de ofrecer distintos modelos de paisaxe existentes no país e distintos graos e modos de entender o chamado feísmo.
A segunda parte do libro constitúena as contribucións de cada un dos participantes no Foro do Feísmo, así como a transcrición dos debates xerados nel. Déixase constancia así de máis de once horas dun interesantísimo intercambio de ideas que supón un primeiro paso na análise das agresións ao territorio no noso país.