«Na Vangarda 2005, Certame Galego de Novos Creadores. Banda Deseñada»

ISBN: 84-453-4117-0
104 páxinas
Capas e interiores en cor
Encadernación en capa dura
Distribución: Xunta de Galicia
Primeira edición: outubro de 2005

SKU: 84-453-4117-0 Categoría: Etiqueta:

Descripción

Obras gañadoras e seleccionadas do segundo Certame de BD Na Vangarda.
Cómics a cargo de David Rubín, Alberto Vázquez, Marcos González Álvarez, Alejandro Cal Oliveira, Antonio Seijas e Gochi.
Edición para a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia.

O Certame Galego de Novos Creadores «Na Vangarda 2005», na súa modalidade de Banda Deseñada, buscaba traballos inéditos, de técnica e temática libres e cunha extensión mínima de dez páxinas, realizados nos formatos DIN A4 ou DIN A3.
Nesta segunda edición do certame, o xurado concedeu o 1.º Premio (6.000 euros) a David Rubín, pola obra «Patacas»; o 2.º Premio (3.000 euros), a Alberto Vázquez, pola titulada «A transformación de Dinki»; e o 3.º Premio (1.500 euros), a Marcos González Álvarez, pola obra «Pistas». Nesta edición engádense tamén os tres traballos finalistas: «Historias absurdas», de Alejandro Cal Olveira; «Pausa», de Antonio Seijas, e «Jalik», de David Prieto Seijo, Gochi.

Share on FacebookTweet about this on Twitter

Información adicional

Dimensións 22 × 30 cm