Descripción
Segundo tomo de Historias de Galiza en Banda Deseñada.
Estas cinco novas entregas de banda deseñada están ambientadas nos tempos dos castros e da romanización así como no tempo en que os suevos establecidos na Gallaecia, conforman o primeiro reino europeo: o reino de Galiza. As cinco historias están apoiadas cunha cronoloxía, unha bibliografia e unha relación dos reis galegos.
Esta obra está patrocinada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.