Descripción
Primeiro dos cinco volumes que compoñerán a colección “Historias de Galiza”, unha obra de banda deseñada que, coa historia do noso país de marco de fondo, recolle diferentes creacións de cinco xoves autores. A obra, está patrocinada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
Esta primeira entrega conta con cinco historias que retratan a prehistoria e os primeiros tempos da romanización en terras de Galicia.
As cinco historias están apoiadas cun apéndice cos datos deste amplo período xunto cunha bibliografía e un glosario.