«FRATOgrafías. 30 anos de humor dentro da educación»

ISBN 84-8158-264-6
124 páxinas
Capas en cor, interiores en branco e negro
Encadernación en capa dura
Primeira edición: xuño de 2004

SKU: 84-8158-264-6 Categorías: , Etiqueta:

Descripción

Un percorrido gráfico pola obra do pedagogo italiano Francesco Tonucci Frato, desde os anos 60 até os nosos días, a través das súas preocupacións: os métodos de ensino, a educación ambiental e a científica, a cidade e os nenos, a formación dos mestres…
Edición para o Vicerreitorado de Extensión Universitaria e Estudantes da Universidade de Vigo.

«Por primeira vez sae un libro meu en lingua galega. Publicáronse en castelán, en catalán, en francés, en portugués, algúns en checo, en inglés e mesmo en xaponés, mais nunca ata agora en galego. E a primeira vez sempre é unha emoción nova. É como se as viñetas nacesen outra vez, para outras persoas, para outros pais, para outros mestres, e para outros nenos.
Pero para publicalas tiven que facer unha escolma na que converxesen trinta e cinco anos de actividade gráfica con máis de cincocentas viñetas en 120 páxinas, as cales non podían acoller máis de 100 ilustracións. E para un pai, ter que escoller entre os seus fillos, aínda sabendo que uns resultasen máis guapos ou máis merecedores ca outros, é sempre difícil e triste. Por outra parte, esta escolma permitiu xuntar as viñetas máis eficaces, o que espero que poida darlle ó libro unha forza e unha efectividade novas. […]
As viñetas son unha obra satírica e a sátira é sempre contra algo. Cada viñeta é unha denuncia, pero agacha sempre un acto de amor, sempre comparacións cos nenos e con frecuencia tamén comparacións connosco, cos adultos, a pesar de todos os erros que cometemos. Espero que esta tenrura se perciba debaixo da aspereza da crítica.»

FRANCESCO TONUCCI

 

Francesco Tonucci (Fano-Marche, Italia, 1940). Diplomado como mestre e despois licenciado en Pedagoxía, ao longo de case corenta anos de actividade investigadora, estudou a relación entre o desenvolvemento cognitivo e os métodos de ensinanza, o comezo da lectura e da escritura, o desenvolvemento da linguaxe gráfica, a metodoloxía no ensino primario, a investigación como método de ensino, a formación dos mestres, a avaliación, a educación científica, a educación ambiental, a divulgación científica e os museos para os nenos.
Desde 1991 é responsábel do proxecto internacional «A cidade dos nenos», que propón a mudanza das cidades cara ao desenvolvemento sostíbel, recoñecendo o neno como parámetro. Desde 1968, baixo o pseudónimo Frato, deseña viñetas satíricas e cómics que acompañan a súa actividade investigadora, da que son a miúdo expresión inmediata e contundente.

Share on FacebookTweet about this on Twitter

Información adicional

Dimensións 24 × 27 cm