Descripción
En Allariz, esquecer é un risco agochado nos andeis do luxo da historia colectiva, un verbo inconxugable na tensa loita pola supervivencia que en 1989 afrontaron uns veciños que amaban un río; uns veciños que coñecían o significado de palabras graníticas como solidariedade, compromiso, xustiza ou futuro; uns veciños que debuxaron cos seus dedos o xesto máxico da unión e decidiron tomar as rendas de vez.
En Allariz esquecer é un defecto que as vasoiras varreron hai vinte anos das rúas, arredándoo entre o follato caduco do caciquismo e a inoperancia.
Houbo un tempo en que o pobo fixo de Allariz un argumento e agarrouse con el á razón da dignidade. Hoxe o reto é non esquecer: nin por que nin para que.